Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Castro Portela (código PO-00016001Q (2.1) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométense ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00016001Q (2.1), así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Castro Portela, na parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, 70, baixo 2º) e no seguinte enlace:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-
ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 6 de xuño de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo