Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 6 de xuño de 2022 pola que se notifica proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa referencia 131720215264.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado, cos datos que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos que obran no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de portos de Galicia, sitos no Edificio de Área Central, praza de Europa, 5 A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poida obter copia do que xulgue conveniente, concedéndolle, así mesmo, un prazo de 15 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que xulgue pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 131720215264

9172-HWT

Guardapeiraos

15323805D

Estacionamento prohibido.

28.6.2021

8.17 horas

Bueu (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €