Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 27 de xuño de 2022 Páx. 36723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO das ofertas de emprego público ordinaria de 2022 e extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

En cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0492, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 98, do 24 de maio.

En cumprimento do artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que sinala que as corporacións locais aprobarán dentro do prazo dun mes, desde a aprobación do orzamento, a oferta de emprego público para o ano correspondente, infórmase de que a oferta ordinaria foi aprobada pola Resolución da Alcaldía 2022-0534, do 1 de xuño de 2022, a cal foi publicada no BOP de Pontevedra nº 107, do 6 de xuño.

Cerdedo-Cotobade, 6 de xuño de 2022

Jorge Cubela López
Alcalde