Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente denominado E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros, concello de Barreiros (expediente 4/2016 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 3 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 4/2016 AT.

Denominación: E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros (concello de Barreiros).

Pagamento do prezo xusto.

Predio

Propietario

Anotación correo

Concello

Data pagamento

Hora

18B

Monte Comunal San Cosme de Barreiros

Descoñecido

Barreiros

5.8.2022

10.00