Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente-e IN407A 2022/014-1).

Expediente-e: IN407A 2022/014-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Maianca de Abaixo.

Situación: concello de Oleiros.

1. Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 325 m, con orixe no PAS apoio C-12/1000 proxectado, que se instalará na LMT SAD706, entre os apoios AIURBEM4//23 e AIR90WQL//24, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 1×150 mm² Al, e final no CT proxectado.

• Centro de transformación prefabricado no lugar de Maianca, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente-e: IN407A 2022/014-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Maianca de Abaixo.

Situación: concello de Oleiros.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario e enderezo

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Fonte ref. catastral 15059A0090

02970000TF

Rústico agrario

Descoñecido

1

2.0

1.2

4.0

2

Rúa Concheira 11 Maianca

Ref. catastral 4527606NJ5

042N0001SJ

Urbana

Hdros. Manuel Sánchez García

Centro transf.

23.43

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m² aér.: superficie de servidume aérea en m²; m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².