Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a modificación do proxecto de restauración do arrendamento parcial da concesión de explotación Benedicta número 1544 (PO/C/01544), denominado Triángulo número 1544.8 (PO/C/01544.8), situado no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o modificado do proxecto de restauración do arrendamento parcial da concesión de explotación Benedicta nº 1544 (PO/C/01544), denominado Triángulo nº 1544.8 (PO/C/01544.8), xunto co informe de aclaracións aos cálculos de estabilidade dos noiros do recheo, situado no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, solicitado pola sociedade Lemos Romero, S.L. e sucedida administrativamente pola sociedade Lemmar Granite, S.L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), alegar por escrito todo o que consideren oportuno e presentalo en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 27 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra