Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36164

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2022 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución.

Polo exposto e en virtude da competencia atribuída pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ó persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza no epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

3. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión a internet

– Un navegador web actualizado.

4. Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme ao disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD. Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme ao detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o estima oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas e a gravación destas poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado á que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme ao disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e enviar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través da seguinte dirección electrónica <xestion.egap@ xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos no epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2022 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de xaneiro (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), comezarase pola letra T.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes dende a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas liñas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50% das horas lectivas presenciais ou telepresenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o esixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten ao desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade/localidade

Data de inicio

Data de fin

Data e hora do exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC22220

Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

24.10.2022

24.11.2022

28.11.2022

19.00 horas

FC22222

Xestión dos pagamentos a xustificar

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixto Teleformación+telepresenza

Do 3.11.2022 ao 23.11.2022.

Sesións telepresenza.

10 e 16 de novembro das 17.00 ás 19.30 horas

28.11.2022

16.30 horas

FC22223

A estrutura do emprego público e ordenación dos recursos humanos na administración da Comunidade Autónoma de Galicia. a elaboración da relación de postos de traballo (RPT)

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

3.10.2022

22.10.2022

26.10.2022

17.00 horas

FC22224

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

19.9.2022

18.10.2022

21.10.2022

17.30 horas

FC22228

A selección do persoal empregado público e provisión de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

26.9.2022

14.10.2022

18.10.2022

17.00 horas

FC22230

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

3.10.2022

22.10.2022

26.10.2022

18.00 horas

FC22231

Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

26.9.2022

14.10.2022

18.10.2022

18.00 horas

FC22232

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

3.10.2022

28.10.2022

3.11.2022

18.00 horas

FC22233

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

27.10.2022

21.11.2022

25.11.2022

19.00 horas

FC22234

Nóminas e retribucións do persoal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

17.10.2022

11.11.2022

16.11.2022

18.00 horas

Unión Europea. Políticas públicas e procedementos comunitarios

FC22219

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

30

14

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Mixto Telepresenza+presencial

Telepresenza.

10, 17 e 19 de outubro das 17.00 ás 19.30 horas; e 26 de outubro das 17.00 ás 20.00 horas.

Presencial.

24 de outubro das 16.30 ás 20.00 horas

26.10.2022

19.30 horas

FC22225

Competencia e dereito da Unión Europea. a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

3.10.2022

28.10.2022

3.11.2022

19.00 horas

FC22227

Acción exterior das administracións públicas galegas. Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, da entidades públicas instrumentais, da Administración local e das universidades do SUG e doutras entidades públicas que deba intervir na acción exterior consonte coa Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora de la acción exterior y de la cooperación para el desarrollo de Galicia.

Presencial Santiago de Compostela

3, 4, 5, 6, 10, 11, 17, 18, 19 e 20 de outubro das 16.30 ás 19.30 horas

20.10.2022

19.00 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC22221

Coidado da saúde. actividade física e alimentación

25

16

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

18, 19, 25 e 26 de outubro das 16.30 ás 20.30 horas

26.10.2022

20.00 horas

FC22235

Protocolo avanzado

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

7.10.2022

27.10.2022

2.11.2022

18.00 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC22229

Declaración do impostos de sucesións. Uso avanzado do programa de Axuda á Liquidación do Imposto de Sucesións (ALISe).

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixto Teleformación +telepresenza

Do 13.9.2022 ao 14.10.2022

Sesións de telepresenza. 14, 19, 20 e 27 de setembro e 6 de outubro das 16.30 ás 19.30 horas

20.10.2022

16.30 horas

FC22236

Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Avanzado

30

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Telepresenza

8, 10, 15, 17, 22 e 24 de novembro das 16.30 ás 18.30 horas

24.11.2022

18.00 horas

Coñecementos transversais

FC22226

Boas prácticas ambientais nas administracións públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

10.10.2022

11.11.2022

16.11.2022

17.00 horas

Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral para o Deporte

FC22189

Programas de actividade física saudable para persoas maiores. Avaliación da condición física e configuración de programas de mellora da condición física.

25

15

Aproveitamento

Directores/as e traballadores de centros de servizos sociais, residencias de maiores, centros de dia e fogares, dependentes da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na programación e realización de actividades físicosaudables. Fisioterapeutas e asistentes sociais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais.

Presencial Santiago de Compostela

18, 19 e 20 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas

20.10.2022

13.00 horas

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

FC22217

Actividades complementarias na autopsia xudicial

12

9

Aproveitamento

1. Auxiliares de autopsia do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) como grupo profesional prioritario.

2. Técnicos de anatomía patolóxica.

3. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

20 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

20.10.2022

19.30 horas

FC22217

Actividades complementarias na autopsia xudicial

12

9

Aproveitamento

1. Auxiliares de autopsia do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) como grupo profesional prioritario.

2. Técnicos de anatomía patolóxica.

3. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

27 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

27.10.2022

19.30 horas

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Prevención de riscos laborais

FC22215

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial
A Coruña

22 e 23 de setembro das 8.30 ás 14.30 horas

23.9.2022

14.00 horas

FC22215

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Lugo

6 e 7 de outubro das 8.30 ás 14.30 horas

7.10.2022

14.00 horas

FC22215

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Vigo

20 e 21 de outubro das 8.30 ás 14.30 horas

21.10.2022

14.00 horas

FC22215

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

3 e 4 de novembro das 8.30 ás 14.30 horas

4.11.2022

14.00 horas

Consellería de Facenda e Administración Pública

FC22204

Operacións cofinanciadas polos programas operativos FSE Galicia e POEX 2014-2020

20

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

18 e 20 de outubro das 11.30 ás 14.30 horas

25 de outubro das 9.00 ás 13.00 horas

27 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas

3 de novembro das 9.00 ás 14.00 horas

3.11.2022

13.00 horas

FC22207

A lei xeral tributaria e os seus procedementos tras a lei de prevención e loita contra o fraude

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

12.9.2022

11.10.2022

17.10.2022

17.00 horas

FC22208

Fiscalidade do patrimonio familiar

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

2.11.2022

21.11.2022

25.11.2022

17.00 horas

FC22212

Procedemento revisor da Administración tributaria

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

15.9.2022

6.10.2022

11.10.2022

19.00 horas

Consellería de Facenda e Administración Pública

FC22214

Tratamento avanzado da información estatística empregando o software libre R

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

20.10.2022

21.11.2022

25.11.2022

18.00 horas

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

FC22197

Emprego de ferramentas informáticas Menphis, Autocad e ArcGis para persoal técnico urbanístico

25

30

Aproveitamento

Persoal técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e resto do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

19 setembro das 9.00 ás 11.30 horas e das 12.00 ás 14.00 horas

21 setembro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas

26 e 28 setembro das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas

3 outubro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.30 horas

3.10.2022

18.00 horas

FC22198

Plataforma GaIA

50

15

Aproveitamento

Empregados da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático así como a empregados dependentes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con competencias en materia de xestión de residuos.

Presencial Santiago de Compostela

13, 20 e 27 de setembro das 9.00 ás 14.00 horas

27.9.2022

13.30 horas

FC22199

Construir en madeira

30

40

Aproveitamento

Persoal técnico (arquitectos/as ou arquitectos/as técnicos). Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal das oficinas de rehabilitación.

Mixto Telepresenza+presencial

Telepresenza.

12, 14, 19, 21, 26 e 28 de setembro das 17.30 ás 19.30 horas

3, 5, 17, 19, 24 e 26 de outubro das 17.30 ás 19.30 horas

7, 9 e 14 de novembro das 17.30 ás 19.30 horas

16 de novembro das 17.30 ás 18.30 horas

Visitas (obras e fábricas).

23 setembro e 21 outubro

16.11.2022

18.00 horas

FC22203

Seguimento das autorizacións ambientais integradas

30

40

Aproveitamento

1. Persoal técnico ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, relacionados coa tramitación e seguimento das AAI.

2. Persoal técnico encargado da inspección ambiental.

Mixto Telepresenza+ presencial

Presencial.

4, 11 e 18 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas.

Telepresenza.

6, 13, 20, 25 e 27 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas e 8 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas

8.11.2022

14.00 horas

FC22209

Fundamentos de QGIS avanzado aplicado ao ámbito do planeamento urbanístico

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Persoal técnico que preste servizo na Administración local de Galicia.

Teleformación

11.10.2022

29.11.2022

2.12.2022

19.00 horas

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Emprego

FC22216

Exposición laboral a sílice cristalina respirable

25

12

Aproveitamento

1. Persoal técnico do ISSGA, persoal técnico dos servizos de Minas (enxeñeiros/as superiores e enxeñeiros/as técnicos) da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación que desenvolva tarefas no ámbito da prevención de riscos laborais.

2. Técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia.

3. Outro persoal interesado da Administración autonómica de Galicia.

Presencial Santiago de Compostela

16 de novembro das 9.15 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.15 horas
17 de novembro das 9.15 ás 13.45 horas

17.11.2022

12.45 horas

Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades. Educación

FC22193

A atención ao alumnado con discapacidade intelectual nas diferentes modalidades de ensino.

30

15

Aproveitamento

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

Telepresenza

3, 4, 10, 11, 13 e 14 de outubro das 16.30 ás 19.00 horas

14.10.2022

18.30 horas

FC22194

A mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos

30

15

Aproveitamento

Persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Telepresenza

20, 22, 26, 27, 29 e 30 de setembro das 16.30 ás 19.00 horas

30.9.2022

18.30 horas

FC22195

Prevención e coidados especiais en materia de saúde desde os centros educativos

30

15

Aproveitamento

Persoal educador e auxiliar coidador da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Telepresenza

2, 3, 7, 8, 9 e 10 de novembro das 16.30 ás 19.00 horas

10.11.2022

18.30 horas

FC22200

Accesibilidade comunicativa e cognitiva nos centros educativos

30

8

Aproveitamento

Personal intérprete de lingua de signos e outro persoal con funcións de mediación comunicativa.

Telepresenza

14 e 16 de novembro das 17.00 ás 19.30 horas
17 de novembro das 17.00 ás 20.00 horas

17.11.2022

19.30 horas

FC22213

Seguridade e protección de datos no ámbito educativo

50

10

Aproveitamento

Persoal administrativo dos centros educativos públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

2.11.2022

11.11.2022

16.11.2022

19.00 horas

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Cultura

FC22192

Axenda 2030 e bibliotecas. Oportunidades e retos

25

15

Aproveitamento

Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial Santiago de Compostela

14 e 15 de novembro das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas

15.11.2022

18.00 horas

FC22202

A expurgación na colección das bibliotecas públicas

25

12

Aproveitamento

Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial Santiago de Compostela

4 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas
6 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas

6.5.2022

13.00 horas

Consellería de Política Social e Xuventude

FC22201

Violencia familiar

30

20

Aproveitamento

Persoal que traballe no ámbito da familia e da infancia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial Santiago de Compostela

16 e 17 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas
18 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas

18.11.2022

13.00 horas

FC22218

Coidados alternativos de calidade. Cara a unha innovación nas prácticas

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Profesionais que traballan con nenos, nenas e adolescentes e ao servizo dos nenos/as no Sistema público de protección de menores.

Telepresenza

17, 18, 19, 20, 21, 24 outubro das 9.00 ás 12.00 horas

25 de outubro das 9.00 ás 11.00 horas

25.10.2022

10.30 horas

Consellería do Medio Rural

FC22206

O control da calidade comercial dos alimentos de orixe vexetal. Procesos produtivos. Novidades normativas e control do etiquetado

25

20

Aproveitamento

1. Persoal da Subdirección Xeral da Cadea e Industria Agroalimentaria e dos servizos de Industrias e Calidade Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural.

2. Resto do persoal da Consellería de Medio Rural, Axencia Galega de Calidade Alimentaria e Fogga.

3. Resto de persoal da Xunta de Galicia.

Presencial Santiago de Compostela

19 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas
20 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas
26 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas
27 de outubro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas

27.10.2022

17.00 horas

FC22210

O Fogga e a xestión dos fondos da PAC

50

40

Aproveitamento

1. Persoal do Fogga e xestores/as de fondos europeos agrícolas Feaga ou Feader.

2. Resto de persoal da Xunta de Galicia.

Teleformación

30.9.2022

9.11.2022

15.11.2022

17.00 horas

FC22211

Prevención, detección e loita contra o fraude e conflito de intereses na xestión dos fondos europeos agrícolas

50

15

Aproveitamento

1. Persoal do Fogga e xestores de fondos europeos agrícolas Feaga ou Feader.

2. Resto de persoal da Xunta de Galicia

Teleformación

10.10.2022

24.10.2022

28.10.2022

17.00 horas

Consellería do Mar

FC22191

Comercialización no ámbito da inspección pesqueira

30

15

Aproveitamento

Persoal do Servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas e outros corpos de inspección e persoal técnico da Consellería do Mar, tendo preferencia os de novo ingreso.

Presencial Santiago de Compostela

15, 16 e 17 de novembro das 9.00 ás 14.00 horas

17.11.2022

13.30 horas

FC22205

Identificación de especies. Poliquetos. Bioloxía e xestión

13

20

Aproveitamento

Persoal técnico empregado público.

1. Persoal técnico que ocupe prazas e realice as funcións de biólogo/a de zona ou técnico/a en zonas e instalación de produción.

2. Persoal técnico do CIMA que teña relación directa coa investigación e seguimento de recursos mariños.

3. Resto do persoal técnico da Consellería do Mar cuxo traballo teña relación directa cos recursos mariños obxecto do curso.

4. Resto do persoal técnico das consellerías.

Presencial Santiago de Compostela

EGAP.

5 e 6 de setembro das 10.00 ás 14.00 horas

Visita de campo.

12 de setembro das 10.00 ás 14.00 horas (zona autorizada da Confraría de Miño)

Prácticas de laboratorio. 15 e 16 de setembro das 10.00 ás 14.00 horas (Universidade da Coruña)

16.9.2022

13.00 horas

Consellería de Sanidade

FC22196

Resolución de conflitos na inspección de saúde pública

25

12

Aproveitamento

Persoal de inspección farmacéutico e veterinario de saúde pública e persoal de xestión de servizos centrais da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Presencial Santiago de Compostela

8 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 18.30 horas
9 de novembro das 9.30 ás 13.30 horas

9.11.2022

12.30 horas