Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36194

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022 pola que se nomea funcionaria de carreira da escala técnica de especialistas (subescala de electricidade e electrónica), polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, nunha praza da escala técnica de especialistas (subescala electricidade e electrónica) da Universidade da Coruña, grupo C, subgrupo C1, convocadas mediante a Resolución do 25 de marzo de 2020 (DOG do 3 de abril).

Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

Resolve:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala técnica de especialistas (subescala de electricidade e electrónica) da Universidade da Coruña a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de xuño de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de especialistas (subescala de electricidade e electrónica)
da Universidade da Coruña, grupo C, subgrupo C1

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6582**

Pita Couselo, María Almudena

61,65