Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36247

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2019.

No BOP de Ourense do día 13 de xuño de 2022 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2019.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2019.

A) Funcionarios de carreira:

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Unha (1) praza de tradutor/a de lingua galega; subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Oposición libre. Título universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas en tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de enxeñeiro/a de obras e servizos provinciais, subgrupo A1. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Oposición libre. Título universitario de máster en enxeñaría de camiños, canais e portos ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) na área de coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Dúas (2) prazas de técnicos/as superiores de desenvolvemento local e recursos europeos, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase praza de tarefas especiais. Concurso-oposición libre. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de técnico/a especialista de desenvolvemento local e recursos europeos subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de tarefas especiais. Concurso-oposición libre. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de oficial técnico de obras, subgrupo C1. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar. Oposición libre. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) praza de técnico/a auxiliar agrícola, subgrupo C1. Escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico auxiliar. Oposición libre. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

• Unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a forestal, subgrupo A2. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Concurso-oposición. Título universitario de grao en Enxeñaría Forestal ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) na área de coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de administrativo/a de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente ou unha antigüidade de dez anos na subescala C1 ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) praza de técnico auxiliar de medio ambiente, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de tarefas especiais. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Prazas de acceso libre:

• Unha (1) praza de mestre/a axudante de gaita, C1. Concurso-oposición libre. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Tres (3) prazas de operarios/as sen cualificar, AP. Concurso-oposición libre. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de peóns agrícolas, AP. Concurso-oposición libre. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de legoeiros, AP. Concurso-oposición libre. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de operario/a construtor de instrumentos musicais, AP. Concurso-oposición libre. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Resérvase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas no punto anterior:

• Unha (1) praza de operario/a sen cualificar AP.

En caso de que non se cubra cunha persoa con discapacidade, esta praza acumularase ás de convocatoria ordinaria, que poden ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.

Prazas de promoción interna vertical:

• Unha (1) praza de condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Catro (4) prazas de choferes especialistas subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Catro (4) prazas de axudante de obras e servizos, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dúas (2) prazas de mecánicos/as, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de chofer-operario/a de lixo, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Resérvase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas nos puntos anteriores:

• Unha (1) praza de axudante de obras e servizos C2.

En caso de que non se cubra cunha persoa con discapacidade, esta praza acumularase ás de convocatoria ordinaria, que poden ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.

O prazo para presentación de solicitudes será dos vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (norma que se considera vixente de acordo co establecido na disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, achegando coa solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1, 19 euros; para as prazas do grupo A2, 17 euros; para as prazas do grupo C1, 15 euros; para as prazas do grupo C2, 13 euros; para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación, 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 14 de xuño de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense