O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante, USC), na reunión que tivo lugar o día 30 de maio de 2022, de conformidade co disposto no artigo 14.2, alínea segunda, da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como no artigo 75.3, letra c), da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio económico do ano 2022.
Por conseguinte, esta reitoría, sobre a base do establecido polo artigo 81 e concordantes da citada LOU, resolve ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dun resumo do referido orzamento, tanto no seu estado de ingresos como de gastos, por unha contía inicial en cada un deles de 274.962.075 euros, segundo se recolle no anexo.
O documento completo figura publicado no taboleiro electrónico da USC, ao cal se accede na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm. Igualmente, pódese consultar na información económica contida na páxina web da Xerencia: https://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Clasificación económica
Resumo do orzamento por capítulos en ingresos e gastos
Ingresos
Capítulo |
Ingresos non afectados |
Ingresos afectados |
Ingresos totais en euros |
|
III |
Prezos públicos e outros ingresos |
24.937.500 |
9.861.000 |
34.798.500 |
IV |
Transferencias correntes |
145.812.260 |
4.812.500 |
150.624.760 |
V |
Ingresos patrimoniais |
620.000 |
0 |
620.000 |
VI |
Alleamento de investimentos reais |
0 |
0 |
0 |
VII |
Transferencias de capital |
32.899.295 |
56.019.520 |
88.918.815 |
IX |
Pasivos financeiros |
0 |
0 |
0 |
Total orzamento de ingresos |
204.269.055 |
70.693.020 |
274.962.075 |
Gastos
Capítulo |
Gastos non afectados |
Gastos afectados |
Gastos totais en euros |
|
I |
Gastos de persoal |
163.025.000 |
0 |
163.025.000 |
II |
Gastos correntes |
25.542.270 |
2.155.000 |
27.697.270 |
III |
Gastos financeiros |
625.000 |
0 |
625.000,00 |
IV |
Transferencias correntes |
2.199.625 |
1.800.000 |
3.999.625 |
V |
Fondo de continxencia e outros imprevistos |
750.000 |
0 |
750.000 |
VI |
Investimentos reais |
9.502.160 |
66.738.020 |
76.240.180 |
IX |
Pasivos financeiros |
2.625.000 |
0 |
2.625.000 |
Total orzamento de gastos |
204.269.055 |
70.693.020 |
274.962.075 |