Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35643

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta de formación profesional dual en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á nosa comunidade autónoma as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os niveis e graos, modalidades e especialidades, consonte os preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro, e asignadas a esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seu artigo 2.

No marco destas competencias, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, co propósito de actualizar a cualificación dos cidadáns e das cidadás, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional o de dar unha resposta puntual e axeitada ás necesidades de formación profesional provenientes do mundo produtivo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5.1 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar os seus coñecementos, así como as súas capacidades, habilidades, aptitudes e competencias, para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Ademais, o artigo 5.2 establece que o sistema educativo ten como principio propiciar a educación permanente. Para tal efecto, debe preparar o alumnado para aprender por si mesmo e débelles facilitar ás persoas adultas a súa incorporación ás ensinanzas, favorecendo a conciliación da aprendizaxe coas outras responsabilidades e actividades.

Adicionalmente, a Lei establece no seu artigo 39.2 que a formación profesional, no sistema educativo, ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática e pacífica, e permitir a súa progresión no sistema educativo, no marco da aprendizaxe ao longo da vida. Así mesmo, no artigo 42.1 establece que lles corresponde ás administracións educativas, no ámbito das súas competencias, programar a oferta das ensinanzas de formación profesional.

A Lei orgánica 2/2006, na súa redacción modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, establece no seu artigo 39.3 que a formación profesional no sistema educativo abrangue os ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior, así como os cursos de especialización. Todos eles terán unha organización modular, de duración variable, que integre os contidos teórico-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.

A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, indica no seu artigo 52 que os cursos de especialización poderán desenvolverse na modalidade dual.

O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do Sistema educativo de Galicia, establece no capítulo V as vías para obtención dos títulos de formación profesional e os réximes e as modalidades das ofertas de formación profesional. O artigo 19 recolle que as ofertas de accións formativas de formación profesional irán dirixidas á adquisición e á mellora das competencias e das cualificacións profesionais, promoverán a formación permanente e organizaranse en ciclos formativos e en cursos para unha maior especialización ou formación específica para determinados colectivos, co fin de que as persoas avancen no seu itinerario de formación profesional, independentemente da súa situación en cada momento.

A disposición adicional segunda deste decreto determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional. O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros (DOG do 13 de abril), establece no artigo 5 que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

As ensinanzas incorporadas a esta oferta poderán ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do programa de cooperación territorial «Plan de modernización da formación profesional», destinado ao redimensionamento da oferta de formación profesional, no marco do compoñente 20 «Plan estratéxico de impulso da formación profesional», do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo coas competencias que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

DISPOÑO:

Artigo 1. Actualización da oferta

Actualízase a oferta de ensinanzas de formación profesional polo réxime de persoas adultas na modalidade dual en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2022/23, que se relaciona no anexo I.

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

Exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia.

Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de solicitudes débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.

Disposición adicional primeira. Ordenación e proceso de admisión na formación profesional dual

Aos ciclos formativos de formación profesional dual autorizados nesta orde seralles de aplicación a ordenación e o proceso de admisión establecidos na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, coas seguintes excepcións:

1. O contido do artigo 2.a) da dita orde, relativo aos requisitos das persoas solicitantes, modifícase e queda redactado como segue: «Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural de inicio do ciclo formativo».

2. As datas relativas ao proceso de admisión para o curso 2022/23 serán as establecidas para os proxectos de formación profesional dual dentro do calendario xeral de admisión a ciclos formativos de formación profesional publicado pola Dirección Xeral de Formación Profesional. Neste calendario estarán fixadas as datas do prazo de solicitudes, publicación das listaxes de persoas solicitantes, períodos de reclamación, período de selección do alumnado pola entidade colaboradora, listaxe de persoas admitidas e en espera, e datas de matrícula para as persoas seleccionadas.

Disposición adicional segunda. Formación específica

Autorízase a oferta de formación específica de xeito experimental en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23 que se relaciona no anexo II.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Dirección Xeral de Formación Profesional, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e a Secretaría Xeral Técnica para adoptaren todas as medidas e os actos necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Ensinanzas de formación profesional autorizadas na modalidade de formación profesional dual para o curso 2022/23 polo réxime para persoas adultas

A Coruña.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ensinanza

Ensinanza

Arzúa

15027733

IES de Arzúa

MAGA01

Produción Agroecolóxica

Carballo

15002591

IES Monte Neme

SIMA03

SFME02

SINA02

Mecatrónica Industrial e oferta parcial de Construcións Metálicas e oferta parcial de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

Coruña, A

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

SCOM01

Transporte e Loxística

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

15005269

IES Urbano Lugrís

MELE01

Instalacións Eléctricas e Automáticas

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

SADG01

Administración e Finanzas

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións web

SIFC52

Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data

15024513

CIFP Someso

MFME01

Mecanizado

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

MMAM01

Carpintaría e Moble

MTMV01

Carrozaría

SEOC01

Proxectos de Edificación

SFME02

Construcións Metálicas

15027897

CIFP Paseo das Pontes

MTCP01

Confección e Moda

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

Culleredo

15005749

CIFP Universidade Laboral

SIMA02

Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos

Curtis

15022620

IES de Curtis

STMV01

Automoción

Fene

15032081

IES de Fene

MIMA02

Instalacións de Produción de Calor

MTMV02

Electromecánica de Vehículos Automóbiles

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

MENA01

Redes e Estacións de Tratamento de Augas

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

MTMV03

Electromecánica de Maquinaria

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

SFME03

Deseño en Fabricación Mecánica

SIMA03

Mecatrónica Industrial

SMAM01

Deseño e Amoblamento

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

SCOM01

Transporte e Loxística

15021469

CIFP Leixa

SSSC03

Animación Sociocultural e Turística

Ponteceso

15026406

IES Eduardo Pondal

STMV01

Automoción

Pontedeume

15025682

CIFP Fraga do Eume

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Pontes de García Rodríguez, As

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións Web

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

MEOC02

Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación

MINA03

Elaboración de Produtos Alimentarios

SIMA02

Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos

SINA02

Procesos e Calidade na Industria Alimentaria

STMV01

Automoción

15027711

IES Leliadoura

SADG01

Administración e Finanzas

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

MMAM01

Carpintaría e Moble

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

SELE04

Mantemento Electrónico

SFME02

Construcións Metálicas

15016000

CIFP Compostela

MHOT01

Cociña e Gastronomía

MHOT02

Servizos en Restauración

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

SHOT04

Dirección de Cociña

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

15023466

IES Lamas de Abade

M19001

Coidados Auxiliares de Enfermaría

Zas

15027368

IES Maximino Romero de Lema

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións Web

Lugo.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ensinanza

Ensinanza

Burela

27013934

IES Perdouro

SIMA03

Mecatrónica Industrial

Chantada

27003175

IES Val do Asma

MSSC01

Atención a Persoas en Situación de Dependencia

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións web

Foz

27020562

IES de Foz

SHOT04

Dirección de Cociña

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

MEOC01

Construción

MINA03

Elaboración de Produtos Alimentarios

SEOC01

Proxectos de Edificación

SFME02

Construcións Metálicas

27006528

CIFP As Mercedes

MIMA01

MIMA02

Dobre titulación en Instalacións Frigoríficas e de Climatización e en Instalacións de Produción de Calor

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

MTMV01

Carrozaría

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

SIMA03

Mecatrónica Industrial

STMV01

Automoción

27016455

IES Sanxillao

MHOT02

Servizos en Restauración

Mondoñedo

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

MAGA04

Aproveitamento e Conservación do Medio Natural

Monforte de Lemos

27015311

IES A Pinguela

MTCP02

Calzado e Complementos de Moda

SADG01

Administración e Finanzas

SIMP02

Estilismo e Dirección de Peiteado

Ribadeo

27010921

CFEA Pedro Murias

MAGA04

Aproveitamento e Conservación do Medio Natural

27020793

CIFP Porta da Auga

MELE01

Instalacións Eléctricas e Automáticas

Ourense.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ensinanza

Ensinanza

Carballiño, O

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

MTMV03

Electromecánica de Maquinaria

SELE03

Automatización e Robótica Industrial

Ourense

32008902

32016765

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

CIFP Portovello

M19001

MSSC01

Dobre titulación en Coidados Auxiliares de Enfermaría e en Atención a Persoas en Situación de Dependencia

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

M19001

Coidados Auxiliares de Enfermaría

SIFC02

Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións Web

32009116

IES 12 de Outubro

MIMA03

MFME01

SFME01

Mantemento Electromecánico e oferta parcial de Mecanizado e oferta parcial de Programación da Produción en Fabricación Mecánica

32009131

IES Universidade Laboral

MTMV01

Carrozaría

SIMA03

Mecatrónica Industrial

32015050

CIFP A Farixa

SHOT02

SHOT03

SHOT01

Dobre titulación en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e en Guía, Información e Asistencia Turísticas e oferta parcial de Xestión de Aloxamentos Turísticos

SENA02

Enerxías Renovables

SIMP05

Termalismo e Benestar

32016765

CIFP Portovello

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Verín

32013582

IES García-Barbón

MTMV03

Electromecánica de Maquinaria

Vilamarín

32016285

IES de Vilamarín

MAGA03

Xardinaría e Floraría

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Xinzo de Limia

32014801

IES Cidade de Antioquía

MAGA02

Produción Agropecuaria

Pontevedra.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ensinanza

Ensinanza

Estrada, A

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

SIFC02

Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

SMAM01

Deseño e Amoblamento

Guarda, A

36019244

IES A Sangriña

MTMV01

Carrozaría

Moaña

36004745

IES Plurilingüe A Paralaia

SELE03

Automatización e Robótica Industrial

Ponteareas

36007552

CIFP A Granxa

MAGA03

Xardinaría e Floraría

MINA02

Aceites de Oliva e Viños

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

SIMP01

Estética Integral e Benestar

36014489

CIFP A Xunqueira

MMAM01

MMAM02

Dobre titulación en Carpintaría e Moble e en Instalación e Amoblamento

36018677

IES Luís Seoane

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT04

SHOT05

Dobre titulación en Dirección de Cociña e en Dirección de Servizos de Restauración

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Porriño, O

36019529

IES Ribeira do Louro

MIEX01

Pedra Natural

Valga

36020362

IES de Valga

MFME01

Mecanizado

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

Vigo

36011579

IES A Guía

MCOM02

Comercialización de Produtos Alimentarios

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

36011634

IES Politécnico de Vigo

MIMA03

Mantemento Electromecánico

36013448

CIFP Manuel Antonio

MINA03

Elaboración de Produtos Alimentarios

SQUI03

Fabricación de Produtos Farmacéuticos, Biotecnolóxicos e Afíns

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

MIMA02

Instalacións de Produción de Calor

MMAM01

Carpintaría e Moble

36017430

IES Ricardo Mella

M19001

Coidados Auxiliares de Enfermaría

Vilagarcía de Arousa

36013771

IES Fermín Bouza Brey

SIMA03

Mecatrónica Industrial

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

SIFC02

Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

ANEXO II

Ensinanzas de formación específica autorizadas para o curso 2022/23

A Coruña.

Concello

Código
de centro

Centro

Módulo formativo/profesional

Unidade formativa

Coruña, A

15024513

CIFP Someso

Formación específica básica de Albanelaría e Fontanaría

MF0276_1. Labores auxiliares de obra.

Sen unidades formativas.

MF0869_1. Pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

Sen unidades formativas.

MF0871_1. Tratamento de soportes para revestimento en construción.

Todas as unidades formativas.

MF0872_1. Recebos e gornecidos «a boa vista».

UF0644. Execución de recebos e gornecidos «a boa vista».

MF0873_1. Pintura e materiais de imprimación e protectores en construción.

Todas as unidades formativas.

MP0134. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

MP3024. Fontanaría e calefacción básica.

Todas as unidades formativas.

Culleredo

15005749

CIFP Universidade Laboral

Formación específica básica de Fontanaría, Calefacción, Electricidade e Telecomunicacións en Edificios

MF1154_1. Instalación de tubaxes.

Todas as unidades formativas.

MF1155_1. Instalación e mantemento de sanitarios e elementos de climatización.

UF0411. Instalación e mantemento de aparellos sanitarios de uso doméstico.

UF0412. Instalación e posta en marcha de aparellos de calefacción e climatización de uso doméstico.

MP0090. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

MF0816_1. Operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios.

Todas as unidades formativas.

MF0817_1. Operacións de montaxe de instalacións de telecomunicacións.

UF0541. Caracterización dos elementos e equipamentos básicos de instalacións de telecomunicación en edificios.

UF0542. Montaxe de elementos e equipamentos en instalacións de telecomunicación en edificios

MP0118. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

Ferrol

15005754

CIFP Ferrolterra

Formación específica básica de Fontanaría, Calefacción, Electricidade e Telecomunicacións en Edificios

MF1154_1. Instalación de tubaxes.

Todas as unidades formativas.

MF1155_1. Instalación e mantemento de sanitarios e elementos de climatización.

UF0411. Instalación e mantemento de aparellos sanitarios de uso doméstico.

UF0412. Instalación e posta en marcha de aparellos de calefacción e climatización de uso doméstico.

MP0090. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

MF0816_1. Operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios.

Todas as unidades formativas.

MF0817_1. Operacións de montaxe de instalacións de telecomunicacións.

UF0541. Caracterización dos elementos e equipamentos básicos de instalacións de telecomunicación en edificios.

UF0542. Montaxe de elementos e equipamentos en instalacións de telecomunicación en edificios.

MP0118. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

Lugo.

Concello

Código
de centro

Centro

Módulo formativo/profesional

Unidade formativa

Ribadeo

27020793

CIFP Porta da Auga

Formación específica de Reparación e Construción con Fibra de Embarcacións Deportivas e de Recreo

MF1841_2. Preparación e protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

Todas as unidades formativas.

MF1842_2. Operacións de acabamento de superficies da obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo.

UF0917. Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos.

UF2291. Operacións de acabamento da obra morta de embarcacións deportivas e de recreo.

MF1843_2. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

UF2292. Operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

MF1844_2. Construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

UF2293. Operacións de construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

MP0474. Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Sen unidades formativas.

MP0260. Mecanizado básico.

Sen unidades formativas.

MP0459. Formación e orientación laboral.

MP0459_12. Prevención de riscos laborais.