Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o axuste das aliñacións na rúa do Porto, no concello do Vicedo.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 25 de maio de 2022, adoptou entre outros, o acordo que a seguir se transcribe:

1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o axuste das aliñacións na rúa do Porto, na fronte das parcelas de números de policía 52, 54, 56 e 58 do Vicedo, formulado por Dolores Piñeiro Infante e outros.

2. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

3. Notificar este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

4. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, proporcionándolle un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia.

5. Facultar ao alcalde e presidente para a sinatura dos documentos que sexan necesarios ao respecto.

O Vicedo, 27 de maio de 2022

José Jesús Novo Martínez
Alcalde