Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de marzo de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Peidadovil, S.L. de modificación substancial por cambio no obxecto da concesión administrativa no dominio público portuario de Vilanova de Arousa para a subministración de combustible a vehículos do sector pesqueiro e mexilloeiro (expediente 13-05-11-C2).

Pedro María Barros López solicita, en nome e representación de Peidadovil, S.L., a modificación substancial por cambio no obxecto da concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Vilanova de Arousa con destino á subministración de combustibles a embarcacións e para a subministración de combustibles a vehículos do sector pesqueiro e mexilloeiro.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de marzo de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia