Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34966

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022 pola que se convoca concurso público de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (CU2102).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante, LOU; no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (BOE do 8 de outubro) (en diante RDCA), e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, da Xunta de Galicia (DOG do 22 de febreiro), conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego pública por promoción interna para o corpo de Catedrático/a de universidade para o ano 2021 (Resolución do 24 de novembro de 2021, DOG do 1 de decembro).

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 39/2015; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 40/2015; no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante EBEP; os estatutos da Universidade de Vigo; polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 de xullo de 2012; pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, modificada polo acordo do Consello de Goberno do 1 de xullo de 2020, e polas bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poder ser admitidas á realización das presentes probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente poderán participar as persoas con nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de catedrático o catedrática de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o aceso de corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio das funcións públicas. Quen sexa aspirante de nacionalidade distinta á española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

h) As persoas aspirantes que teñan recoñecida legalmente una discapacidade igual ou superior ao 33 %, deberán achegar fotocopia do certificado en vigor que acredite o recoñecemento da discapacidade de que se trate. No caso de precisar algunha adaptación, e co obxecto de que se poida garantir a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e poder adoptar as medidas oportunas, acompañarase coa solicitude de participación no concurso un escrito mediante o que se soliciten as adaptacións de tempo e medios correspondentes. Os aspirantes, aos que se refire o presente parágrafo, que non soliciten as adaptacións no momento de presentar a solicitude de participación ao concurso, entenderase que non as precisan ou que renuncian a elas, sen que se poida presentar solicitude delas en ningún outro momento posterior do procedemento.

Á vista das propostas de adaptación efectuadas, a comisión, determinará as medidas de adaptación ás necesidades das persoas con discapacidade que foran admitidas no concurso e así o tiveran solicitado.

2.2. De conformidade co artigo 62.2 da LOU para poder participar nas prazas de promoción interna ao corpo de catedrático ou catedrática de universidade que figuran no anexo I deberán ter a condición de funcionario ou funcionaria de carreira de profesores ou profesoras titulares de universidade ou da escala de investigadores científicos ou investigadoras científicas dos organismos públicos de investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición.

Terceira. Solicitude telemática

3.1. A solicitude de participación farase cubrindo o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo. Para presentar a solicitude de participación, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario web da solicitude que está establecido especificamente para a praza e corpo correspondente, dispoñible na ligazón https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. Unha vez cuberta e validada a solicitude a través da aplicación web, deberá ser presentada xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) mediante o procedemento de concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, CU2101 (catedráticos de universidade).

De conformidade co disposto no artigo 16.8 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, carecerá de validez e eficacia a presentación de solicitudes e a realización de calquera acto feito a través de medios distintos ao indicado no número anterior.

3.3. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios da sede electrónica servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015.

Con independencia dos lugares en que regulamentariamente deban publicarse, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo publicaranse a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index

3.4. Os dereitos de exame para cada praza (CU2102) serán de 44,17 euros. A liquidación de taxas realizarase a través da aplicación web da Universidade de Vigo habilitada para a participación no concurso de acceso. Poderá aboarse o importe correspondente no período indicado na folla de liquidación, ben en efectivo ou con tarxeta.

En efectivo farase nalgunha das entidades bancarias colaboradoras coa Universidade de Vigo: Abanca, Banco Santander ou CaixaBank. Con tarxeta realizarase a través da aplicación informática que permitirá seleccionar esta opción, sendo preciso seguir con atención o proceso ata súa finalización, comprobando que o pagamento foi feito correctamente.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo; a persoa interesada deberá solicitar a devolución e achegar os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Polo tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión definitiva por causa imputable á persoa interesada.

A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión definitiva do concurso de quen sexa aspirante, agás que acredite o pagamento ou a exención do pagamento da citada taxa.

3.5. Durante o proceso de inscrición descrito na base 3.1, achegaranse nun ficheiro pdf os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra d) da base 2.1.

d) Copia da folla de servizos que acredite ser funcionario ou funcionaria de carreira de profesores ou profesoras titulares de universidade ou da escala de investigadores científicos ou investigadoras científicas dos organismos públicos de investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición. Os aspirantes que pertenzan á Universidade de Vigo non terán que presentar copia da folla de servizos.

e) Xustificante, de ser o caso, da exención parcial ou total de taxas.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar na súa solicitude; unicamente poderá demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de quince días hábiles contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución en que aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. Contra a dita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente, ditarase unha resolución reitoral en que se aprobe a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, agás cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 75.4 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Agás petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento ao que se adscriba a praza convocada.

A Universidade fará públicos coa publicación da convocatoria os currículos dos membros das comisións de acceso no enderezo da internet: http://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, agás cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da Comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da Lei 40/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos seus respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa, e en último caso resolverá o reitor.

5.2. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.3. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes no seu caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando o lugar, a data e a hora para proceder ao acto de constitución da Comisión, que poderá realizarse por calquera dos procedementos que permitan os medios tecnolóxicos dispoñibles, neste suposto quedará recollido na acta tal circunstancia. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución, a Comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e no do lugar onde se realicen as probas, antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a Comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a Comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, alomenos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da Comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.6. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da Comisión, auxiliado polo persoal de Administración e servizos do departamento ao que estea adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015 e na Lei 40/2015.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da Comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando o lugar e a hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará por calquera soporte informático a epígrafe a) e b):

a) Currículo, que se deberá axustar ao modelo que se achega como anexo III, no cal detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículo, con independencia de que a Comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a Comisión fixará e publicará no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e no centro onde se realice, o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día do acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos cinco días hábiles seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano que convoca aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente, tomando en conta, ademais do alegado, os dereitos dos demais aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e ás necesidades e intereses da Universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.5. A Comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no curriculum vitae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados, sempre referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.6. Os concursos realizaranse en dependencias da Universidade de Vigo, físicas ou virtuais, de acordo co que dispoña a presidencia da correspondente comisión, e poderanse celebrar de forma totalmente presencial, totalmente virtual ou nunha modalidade mixta, con participantes presentes fisicamente e outros a través de medios telemáticos remotos. En todo caso, as persoas concursantes, así como os membros das comisións de acceso que pertenzan á Universidade de Vigo nos ditos concursos, deberán acudir e estar presentes na dependencia física da Universidade de Vigo que sinale a presidencia da Comisión, durante todo o acto de presentación e de celebración da proba.

Os concursos constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a Comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto de concurso.

6.7. Finalizada a proba, cada membro da Comisión entregaralle á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.8. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.9. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da Comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e nomeamento

7.1. A Comisión proporá ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, unha relación de todas as persoas candidatas que superasen a proba por orde de preferencia. A Comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Esta proposta será publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo, que servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos, e no centro onde teña lugar a proba.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, o/a secretario/a da Comisión entregará na Secretaría Xeral da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase, en formato electrónico.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días hábiles seguintes ao de publicación da proposta da Comisión e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) A documentación recollida na base 3.5: fotocopia do documento de identidade, copia electrónica auténtica do título de doutor ou doutora, copia electrónica auténtica da acreditación e folla orixinal da universidade ou organismo para os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo.

b) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos de conformidade co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

d) Certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saude (Sergas) de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lle incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das epígrafes c) e d), e deberán presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo do que dependan acreditativo da súa condición e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos para os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como funcionario ou funcionaria docente de carreira das persoas propostas pola Comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que teñan acreditado no prazo a documentación requirida. De non facelo, o reitor procederá ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicarase ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento do número de rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicarase ao Consello de Universidades.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de que se trate.

7.7. As referencias a necesidades e obrigas docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino para quen teña adxudicada a praza.

Oitava. Comisión de Reclamacións

8.1. Contra a proposta da Comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles para formular alegacións en orde ao contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedimentais, e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non, a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, e a Comisión de Selección deberá formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polos/as aspirantes

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada da Secretaría Xeral, logo de petición da persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento, ou, de der o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste concurso e amparados pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación neste concurso as persoas interesadas autorizan á Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así se derive da natureza deste concurso. Non obstante, e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non facelo, excluiráselles do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao dito tratamento e a solicitar, agás casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderán exercerse mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP e remitila á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus universitario, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información: https://www.uvigo.gal/ proteccion-datos

Igualmente, pode dirixir a dita solicitude á delegada de Protección de Datos: Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas, 32004 Ourense (España), 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses. Para estes efectos, o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015.

Vigo, 2 de xuño de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

CU2102-C02-063-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0063 Botánica

Departamento:

D00c02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

Bioloxía da Reprodución en Plantas Superiores: Implicación na Distribución

Comunicación e educación ambiental

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía

Praza nº 2

Referencia:

CU2102-C04-220-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0220 Ecoloxía

Departamento:

D00c04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Ecoloxía mariña

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar

Praza nº 3

Referencia:

CU2102-C12-765-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0765 Química Orgánica

Departamento:

D00c12 Química Orgánica

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

311 Facultade de Química

Praza nº 4

Referencia:

CU2102-T03-590-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0590 Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

D00t03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Actividade docente e investigadora:

Termodinámica e transmisión de calor

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

Praza nº 5

Referencia:

CU2102-T14-800-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento:

D00t14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora:

Infraestruturas ópticas de telecomunicación

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Praza nº 6

Referencia:

CU2102-X05-245-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

D00x05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Seguridade e hábitos saudables a través da educación física

Actividade física e deporte adaptado

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Praza nº 7

Referencia:

CU2102-X05-245-CU-TC-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0245 Educación Física e Seportiva

Departamento:

D00x05 Didácticas Wspeciais

Actividade docente e investigadora:

Novas tendencias de exercicio físico en adultos maiores con patoloxías

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Praza nº 8

Referencia:

CU2102-X06-225-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0225 Economía Aplicada

Departamento:

D00x06 Economía Aplicada

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

303 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ANEXO II

Comisións de acceso

Praza nº 1: CU2102-C02-063-CU-TC-01.

Área: Botánica.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Juan Arroyo Marín

Catedrático de universidade

Universidade de Sevilla

Secretaria

Montserrat Arista Palmero

Catedrática de universidade

Universidade de Sevilla

Vogal 1º

José Jorge Domínguez Martín

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Adrián Escudero Alcántara

Catedrático de universidade

Universidade Rey Juan Carlos

Vogal 3ª

María Isabel Martínez Moreno

Catedrática de universidade

Universidade Rey Juan Carlos

Comisión suplente

Presidenta

María Elsa Vázquez Otero

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Francisco Javier Rodríguez Rajo

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Juan Lorite Moreno

Catedrático de universidade

Universidade de Granada

Suplente 2º

José María Iriondo Alegría

Catedrático de universidade

Universidade Rey Juan Carlos

Suplente 3ª

María Montserrat Martínez Ortega

Catedrática de universidade

Universidade de Salamanca

Praza nº 2: CU2102-C04-220-CU-TC-01.

Área: Ecoloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Emilio Manuel Fernández Suárez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

María Elsa Vázquez Otero

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

David Gutiérrez García

Catedrático de universidade

Universidade Rey Juan Carlos

Vogal 2º

Pablo José Sánchez Jerez

Catedrático de universidade

Universidade de Alicante

Vogal 3º

Juan José Vergara Oñate

Catedrático de universidade

Universidade de Cádiz

Comisión suplente

Presidenta

Presentación Carrillo Lechuga

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Secretario

Jesús Souza Troncoso

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1ª

Isabel Reche Cañabate

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Suplente 2ª

María Rosario Vidal-Abarca

Gutiérrez

Catedrática de universidade

Universidade de Murcia

Suplente 3ª

María Francisca Giménez

Casalduero

Catedrática de universidade

Universidade de Alicante

Praza nº 3: CU2102-C12-765-CU-TC-01.

Área: Química Orgánica.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Miquel Sola I Puig

Catedrático de universidade

Universitat de Girona

Secretaria

María Magdalena Cid Fernández

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

María Delfina Couce Fortúnez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2ª

María Generosa Gómez Pacios

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Jesús Rodríguez Otero

Catedrático de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Yagamare Fall Diop

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

Rosana Álvarez Rodríguez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Ricardo Antonio Mosquera Castro

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Roberto José Sanz Díez

Catedrático de universidade

Universidade de Burgos

Suplente 3º

Luis Muñoz López

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 4: CU2102-T03-590-CU-TC-01.

Área: Máquinas e Motores Térmicos.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Alberto Coronas Salcedo

Catedrático de universidade

Universitat Rovira i Virgili

Secretario

Jacobo Porteiro Fresco

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Ángel Velázquez López

Catedrático de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Vogal 2º

José Gonzálvez Maciá

Catedrático de universidade

Universidade Politécnica de València

Vogal 3º

José Ramón García Cascales

Catedrático de universidade

Universidade Politécnica de

Cartagena

Comisión suplente

Presidenta

Mercedes Vega Blázquez

Catedrática de universidade

Universidade Carlos III de Madrid

Secretaria

María del Carmen Pérez Pérez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1ª

Estrella Álvarez da Costa

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2ª

Mª del Carmen Venegas Bernal

Catedrática de universidade

Universidade Carlos III de Madrid

Suplente 3º

Joaquín Navarro Esbrí

Catedrático de universidade

Universitat Jaume I de Castelló

Praza nº 5: CU2102-T14-800-CU-TC-01.

Área: Teoría do Sinal e Comunicacións.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Francisco Javier Fraile Peláez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

José Óscar Rubiños López

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

Eva Rajo Iglesias

Catedrática de universidade

Universidade Carlos III de Madrid

Vogal 2º

Antonio Pino García

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

José Luis Rodríguez Rodríguez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

Carmen García Mateo

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

María Ángeles Losada Binué

Catedrática de universidade

Universidade de Zaragoza

Suplente 1ª

Ángela María Coves Soler

Catedrática de universidade

Universidade Miguel Hernández de

Elche

Suplente 2º

Fernando Obelleiro Basteiro

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Alberto Marcos Arias Acuña

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 6: CU2102-X05-245-CU-TC-01.

Área: Educación Física e Deportiva.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Gerardo Villa Vicente

Catedrático de universidade

Universidade de León

Secretaria

Marta Zubiaur González

Catedrática de universidade

Universidade de León

Vogal 1º

José María González Ravé

Catedrático de universidade

Universidade de Castilla-La Mancha

Vogal 2º

Raúl Reina Vaíllo

Catedrático de universidade

Universidade Miguel Hernández de

Elche

Vogal 3º

Sergio José Ibáñez Godoy

Catedrático de universidade

Universidade de Extremadura

Comisión suplente

Presidente

Luis Miguel Ruíz Pérez

Catedrático de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Secretaria

María Belén Feriche Fernández

Castanys

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Suplente 1ª

Ruth Jiménez Castuera

Catedrática de universidade

Universidade de Extremadura

Suplente 2º

Juan Antonio Moreno Murcia

Catedrático de universidade

Universidade Miguel Hernández de

Elche

Suplente 3ª

María Pilar Sánchez Collado

Catedrática de universidade

Universidade de León

Praza nº 7: CU2102-X05-245-CU-TC-02.

Área: Educación Física e Deportiva.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Sergio José Ibáñez Godoy

Catedrático de universidade

Universidade de Extremadura

Secretaria

Margarita Rosa Pino Juste

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Narcís Gusi Fuertes

Catedrático de universidade

Universidade de Extremadura

Vogal 2º

José Carlos Jesús Millán Calentí

Catedrático de universidade

Universidade da Coruña

Vogal 3ª

María Belén Feriche Fernández

Castanys

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Comisión suplente

Presidente

Rafael Timón Andrada

Catedrático de universidade

Universidade de Extremadura

Secretaria

Mercedes González Sanmamed

Catedrática de universidade

Universidade da Coruña

Suplente 1ª

María Paz Prendes Espinosa

Catedrática de universidade

Universidade de Murcia

Suplente 2ª

Marta Zubiaur González

Catedrática de universidade

Universidade de León

Suplente 3º

José Gerardo Villa Vicente

Catedrático de universidade

Universidade de León

Praza nº 8: CU2102-X06-225-CU-TC-01.

Área: Economía Aplicada.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Carlos Arias Moreira

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Alberto Gago Rodríguez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

Paula González Rodríguez

Catedrática de universidade

Universidade Pablo de Olavide

Vogal 2ª

María Berta Rivera Castiñeira

Catedrática de universidade

Universidade da Coruña

Vogal 3º

Fernando Ignacio Sánchez Martínez

Catedrático de universidade

Universidade de Murcia

Comisión suplente

Presidenta

María Dolores Garza Gil

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Francisco Javier Labandeira Villot

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Tomás Mancha Navarro

Catedrático de universidade

Universidade de Alcalá

Suplente 2ª

Beatriz González López Valcárcel

Catedrática de universidade

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Suplente 3º

Juan Oliva Moreno

Catedrático de universidade

Universidade de Castilla-La Mancha

ANEXO III

Curriculum vitae

Datos persoais:

– Apelidos e nome.

− NIF.

− Data, localidade e provincia de nacemento.

− Enderezo, localidade e provincia de residencia.

− Teléfono e enderezo electrónico.

− Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

− Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houbese.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cese.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación por parte do consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación por parte do consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do curriculum.