Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 35036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de nomeamento de funcionario interino conserxe limpador.

Decreto da Alcaldía nº 252/2022, do 16 de maio, de nomeamento de funcionario interino conserxe limpador CEIP Veleiro Docampo.

Francisco Javier Balado Teijeiro, alcalde do Concello de Castro de Rei (Lugo), vista a proposta de nomeamento do tribunal cualificador (que tivo entrada no concello o 11.5.2022 co número de rexistro 1.224) en relación coas probas de selección para prover en réxime de interinidade a seguinte praza:

– Escala: Administración xeral; subescala: subalterna; grupo E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais (EBEP); clase: funcionario interino; número de vacantes: unha; denominación: conserxe limpador.

Cumpridos os requisitos e condicións exixidos nas bases da convocatoria, de acordo co disposto nos artigos 10 e 62 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 61 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, relativos á adquisición da condición de persoal funcionario interino.

De conformidade co artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, o artigo 136 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, o artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da administración local,

RESOLVO:

Primeiro. Realizar o nomeamento de funcionario interino ao aspirante seguinte:

– Juan Carlos Pérez Martínez, con DNI **324***T.

Segundo. O nomeamento terá vixencia, de acordo co artigo 10 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, por un máximo de tres anos.

Terceiro. Notificar a presente resolución ao funcionario nomeado, comunicándolle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo de tres días hábiles, contado desde o seguinte ao que lle sexa notificado o nomeamento, logo de cumprimento de todos os requisitos da praza especificados nas bases da convocatoria.

Cuarto. Unha vez tomada posesión, publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos deste concello, de acordo co disposto no artigo 62 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante o alcalde deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou recurso contencioso-administrativo, segundo o establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da citada Lei 29/1998. No caso de optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Castro de Rei, 24 de maio de 2022

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde presidente