Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34805

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022/23.

Co obxecto de regular a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022/23, resolvo anunciar:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022/23 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Terceiro. Que os centros docentes que desexen impartir o programa Bachibac deberán formular a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional conforme o modelo que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional