Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual novena das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre (expediente 2019/U032/000005).

O Pleno municipal de Bergondo, na súa sesión ordinaria do 26 de maio de 2022, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual novena das normas subsidiarias de Bergondo, delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre, redactado pola arquitecta María Ríos Carballeira, o que se fai publico para xeral coñecemento.

Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade do previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o devandito prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado mediante ligazón no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/informacion/), na páxina web municipal (http://bergondo.gal/) ou nas oficinas do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa.

Coa aprobación inicial da presente modificación puntual, suspéndese polo prazo de dous anos a tramitación das licenzas de parcelación, edificación e demolición da área afectada que comprenden as seguintes parcelas catastrais:

2270925NH6926N0001ES, 2270924NH6926N0001JS, 2270931NH6926N0001US,

2270932NH6926N0001HS, 2270960NH6926N0001ES, 2270959NH6926N0001ZS,

2270922NH6926N0001XS, 2270921NH6926N0001DS e 2270920NH6926N0001RS.

Bergondo, 9 de xuño de 2022

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa