Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34643

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2022 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 23 de maio de 2022, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na Resolución do 23 de maio de 2022 pola que se convoca concurso de acceso a prazas dos corpos docentes universitarios, publicada no BOE número 131, do 2 de xuño, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:

No anexo II, no concurso número 22/014, na Comisión titular:

Onde di: «Vogal 3º Cremades Andreu, Roberto, catedrático/a de escola universitaria, Universidade Complutense de Madrid», debe dicir: «Vogal 3º Cremades Andreu, Roberto, profesor/a titular de universidade, Universidade Complutense de Madrid».

A Coruña, 7 de xuño de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña