Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Os de Rois, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir no Rexistro Provincial da Coruña a modificación dos estatutos sociais relativa ao domicilio no mesmo termo municipal da entidade Os de Rois, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 28 de marzo de 2022, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é o seguinte: lugar de Pedrouzos, núm. 2, CP 15911, parroquia de Aguasantas, concello de Rois, provincia da Coruña.

A Coruña, 27 de maio de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña