Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Pasfe I e Miguélez I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Pasfe I e Miguélez I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Mediante escrito do 6 de maio de 2022, Cándido Rosendo Calvar solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Pasfe I e Miguélez I.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Alberto Rosendo Calvar (***0647**) e María del Carmen Barreiro Priego (***0540**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pasfe I.

Situación:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.3.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Cándido Rosendo Calvar (***9015**).

Novos titulares: Alberto Rosendo Calvar (***0647**) e María del Carmen Barreiro Priego (***0540**).

Tipo: batea.

Nome: Miguélez I.

Situación:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.3.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Cándido Rosendo Calvar (***9015**).

Novos titulares: Alberto Rosendo Calvar (***0647**) e María del Carmen Barreiro Priego (***0540**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de maio de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo