Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e IN407A 2021/241-1).

Expediente-e: IN407A 2021/241-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Lamas.

Situación: concello de Boiro.

1. Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 490 m, coa orixe no apoio con matrícula 9P419R13//D15-4 da LMTA BOI807 (IN407A 2015/616-1), en que se proxecta a instalación dun interruptor telecontrolado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, e final no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado no lugar de Lamas, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 305 m, coa orixe no CT proxectado Lamas e final na RBTA existente, onde se proxecta o cambio de apoio, en condutor XZ1.

Desmóntanse e retíranse 1.000 m de condutor e 7 apoios da rede de baixa tensión aérea.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 23 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/241-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Lamas.

Situación: concello de Boiro.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Nº de predio

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Propietaria/o

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Pol.

Parc.

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

57

34

Cerqueiras

Prado

Descoñecido

Centro transformación

32

1

57

34

Cerqueiras

Prado

Descoñecido

Apoio BT

1

3

8,9

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais; ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.