Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 31 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 156/2022 fronte á Resolución do 26 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 156/2022 fronte á Resolución do 26 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública