De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 1 de xuño de 2022
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
Anexo
Expediente |
Interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado pola |
ANI-CO-0102/2021-V |
Vanesa López Fernández |
Proposta de resolución |
Xefa territorial |