Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34525

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 20 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 22, do 2 de febreiro), procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador para o ingreso na categoría de telefonista.

Na base sétima da Resolución do 29 de decembro de 2020, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, na condición de secretario/a titular e suplente, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021), nos termos que a seguir se indican:

Secretario titular: Potel Villar, Daniel, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, en substitución de Dubert García, Mª de la O, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaria suplente: Ríos Carro, Mª José, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo de xestión da función administrativa, en substitución de Potel Villar, Daniel, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos