Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34220

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que se celebrará o día 8 de xullo de 2022, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración