Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34366

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo.

Resolución do 27 de abril de 2022, do Concello de Meaño (Pontevedra), referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 94, do 18 de maio de 2022, publicouse o texto íntegro das bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, encadrada no grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 18 de maio de 2022

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde