Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34369

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Rías Altas, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de transformación da cooperativa en sociedade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, de transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea de socios traballadores do Colexio Rías Altas, Sociedade Cooperativa Galega, que tivo lugar o 1 de xaneiro de 2021, acordou por unanimidade transformar a citada sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa nova denominación de Rías Altas Educación, Sociedad Limitada, en función do balance pechado para tal efecto o 31 de decembro de 2020, tamén aprobado pola asemblea.

Culleredo, 31 de xaneiro de 2021

José Ares Pastoriza
Presidente do Consello