Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/47-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Terras do Sar, S.L.

Domicilio social: rúa Fonte de Santo Antonio, 1, 1º, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS e centro de transformación soterrado de 400 kVA na rúa Castela e León, 8, parque empresarial da Sionlla, Santiago de Compostela.

Situación: rúa Castela e León, 8, parque empresarial da Sionlla, 15704 Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Nova instalación de alta tensión composta por:

Liña de alta tensión soterrada de 20 kV con inicio e fin na liña de distribución existente SCY829 entre o CT 15CJQB e o CT 15CJQC, logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240 mm2), Al, 28 m.

Centro de transformación prefabricado soterrado, configuración 2L+1P telecontrolado con transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15 /0,40 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña