Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación presentada para a revisión da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2005/0233_NAA/IPPC_014, outorgada a Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o Centro de Stellantis de Vigo, situado no concello de Vigo (expediente 2021-IPPC-M-42).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xulllo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013) faise público que, por espazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, queda exposta a documentación presentada por Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para a revisión da autorización ambiental integrada do Centro de Stellantis de Vigo, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Actividade: fabricación de vehículos automóbiles.

Epígrafes da Lei de prevención e control integrados da contaminación: 10.1 (instalacións para o tratamento de superficie de materiais, obxectos ou produtos con utilización de disolventes orgánicos, cunha capacidade de consumo de disolventes orgánicos de máis de 150 kg de disolvente por hora ou máis de 200 toneladas/ano); 2.6 (instalacións para o tratamento de superficie de metais e materiais plásticos por procedemento electrolítico ou químico, cando o volume das cubas ou das liñas completas destinadas ao tratamento sexa superior a 30 m³).

Titular: Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

NIF: A36602837.

Enderezo da instalación: avenida de Citroën, nº 3-5, 36210 Vigo, Pontevedra.

Descrición: os procesos principais que se realizan no centro son o de embutición (estampaxe de pezas de aceiro e de aluminio), ferraxe (soldadura e unión das pezas de aceiro e de aluminio para conformar a carrozaría do vehículo), pintura e montaxe (ensamblaxe de todos os subconxuntos do vehículo sobre o propio vehículo).

Verteduras: o centro ten redes de colectores separados para os distintos tipos de efluentes (de pluviais, de fecais e de augas industriais residuais). As dúas primeiras redes verten directamente ao colector municipal. As augas industriais residuais trátanse nunha estación depuradora de augas residuais industriais (EDARI) propia previamente á súa incorporación ao colector municipal, con destino á EDAR de Lagares.