Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de maio de 2022, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución de modificación de titularidade efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa, treito VAC A-52 Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1, no concello de Verea, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de modificación de titularidade efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra denominada Eixe de comunicacións A-52-Fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1, no concello de Verea.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sita na rúa Saenz Díez, nº 1, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá ser confirmada a través do sistema de cita previa no teléfono 988 38 62 47. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Ourense, 20 de maio de 2022

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesada

Acto que se notifica

OU/01/101.01.75.1

4092

Lucía Valado Fernández

Resolución de modificación de titularidade

OU/01/101.01.75.1

4126

Lucía Valado Fernández

Resolución de modificación de titularidade