Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio A3M2DE63 na LMT MUR817, no concello de Pontevedra, dos predios que se detallan no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.
Vigo, 19 de maio de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/63-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio A3M2DE63 na LMT MUR817.
Concello: Pontevedra.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
1 |
36900A067003620000QH |
Descoñecido |