Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34026

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

DECRETO 93/2022, do 9 de xuño, polo que se dispón que cese Paula María Uría Traba como directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Paula María Uría Traba como directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación