Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34030

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 96/2022, do 9 de xuño, polo que se nomea director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos a Ángel Luis Tarrío Tobar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de xuño de dous mil vinte e dous,

NOMEO director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos a Ángel Luis Tarrío Tobar.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública