Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Unha vez presentada a renuncia dun vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Javier Quiles del Río como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Susana Ladra González, profesora titular da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade da Coruña.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública