Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANI-CO-0019/2022-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 26 de maio de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

ANI-CO-0019/2022-V

Sonia Novoa Rodríguez

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANI-CO-0003/2022-V

Francisco José Villar Rey

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

CAZ-CO-0006/2022-V

Santiago Jallas Nieto

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

CAZ-CO-0015/2022-V

Arturo Duro Jorge

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

PES-CO-0006/2022-V

Sergio Agrasar Villanueva

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANI-CO-0010/2022-V

Alejandro Ferreiro Cazón

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANP-CO-0002/2022-V

Dominique Françoise Crelerot

Envío medidas provisionais de retirada de animal

Pola xefa territorial