Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 51/2022, interposto por José Miguel Dorribo Rivera e Mª Elina Álvarez Villamarín debido á ampliación da demanda.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 51/2022, interposto por José Miguel Dorribo Rivera e Mª Elina Álvarez Villamarín contra a Resolución do 1.12.2021 pola que se convoca o proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

Con data do 19.5.2022, o devandito xulgado dita auto que estima a solicitude de ampliación do recurso á Resolución do 11.3.2022, que modifica a convocatoria do proceso selectivo no punto 1 da epígrafe II (acceso libre) da fase de concurso.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de maio de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo