Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33516

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Título

Obxecto

Data da sinatura

Importe (€)

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo, para realizar prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo co obxecto de incluír os/as alumnos/as do grao en Enfermaría.

Incluír os alumnos e alumnas do grao de Enfermaría no ámbito de aplicación do convenio.

17.1.2022

Sen custo

Acordo de prórroga do Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para realiza prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

Prorrogar o convenio por un novo período de catro anos tras o remate da súa vixencia.

1.2.2022

Sen custo

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír alumnos/as do máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política.

Incluír os alumnos e alumnas do máster en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política no ámbito de aplicación do convenio.

3.3.2022

Sen custo

Acordo de modificación do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Amancio Ortega Gaona (FAO) para construír un centro público de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa Como na casa, no concello de Pontevedra.

Modificar a cláusula 3ª do convenio referida aos prazos para a execución das obras e o establecemento do servizo.

3.3.2022

Sen custo

Acordo de prórroga do Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.

Prorrogar o convenio por un novo período de catro anos tras o remate da súa vixencia.

25.3.2022

Sen custo

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para realizar prácticas académicas externas do estudantado da Universidade da Coruña.

Establecer o marco de colaboración coa Universidade da Coruña para realizar prácticas académicas externas nos centros, órganos e/ou unidades da consellería, das seguintes titulacións da universidade: grao en Enfermaría, grao en Fisioterapia, grao en Logopedia, grao en Terapia Ocupacional, grao en Educación Social, grao en Educación Infantil, mestrado universitario en Discapacidade e Dependencia, mestrado universitario en Xerontoloxía, mestrado universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías, mestrado universitario en Políticas Sociais, Intervención Sociocomunitaria, mestrado universitario en Psicoloxía Aplicada e mestrado universitario en Psicopedagoxía.

7.4.2022

Sen custo

Convenio de colaboración para os anos 2022-2023, entre a Consellería de Política Social, a Fundación Meniños e a Asociación Arela para o desenvolvemento do programa Espazos de preservación familiar, nas comarcas da Barbanza e O Salnés, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión

Europea-extGenerationEU.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao financiamento a favor das entidades Fundación Meniños e Asociación Arela, para o desenvolvemento do seu programa conxunto Espazo de preservación familiar, mediante o cal se lles facilita aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección leve e ás súas familias apoio terapéutico e educativo coa finalidade de evitar situacións de desprotección grave que deriven na súa entrada no sistema de protección, evitando a separación do/da neno/a da súa familia.

23.1.2022

1.350.000,00 €

Convenio de colaboración para os anos 2022-2023 entre a Consellería de Política Social e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes) para o desenvolvemento do programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para mozos/as en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao financiamento a favor do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, para o desenvolvemento do seu Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, mediante o cal se lles facilita, a través da súa formación e inserción laboral, o tránsito a unha vida adulta independente e autónoma nos ámbitos demograficamente desfavorecidos.

7.2.2022

1.200.000,00 €

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Complexo Montealegre (Ourense).

Acordar a prórroga da colaboración entre a Consellería de Política Social

e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Complexo Montealegre, para un ano, desde o 1 de abril de 2022 ao 31 de marzo de 2023.

10.3.2022

4.685.900,62 €

Convenio de colaboración para o ano 2022 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do programa Integración familiar, no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao financiamento no desenvolvemento do programa Integración familiar, da Fundación Meniños, nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

5.4.2022

655.671,21 €