Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33495

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 24 de maio de 2022 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado (CFP) Cesuga, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CFP) Cesuga, da Coruña, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Animación 3D, Xogos e Contornos Interactivos, o CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia, o CS Educación Infantil e o CS Proxectos de Edificación.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: CFP Cesuga.

Código do centro: 15033265.

Domicilio: r/ Obradoiro, 47.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código postal: 15190.

Provincia: A Coruña.

Titular: Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

• CS Animación 3D, Xogos e Contornos Interactivos (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Educación Infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Proxectos de Edificación (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades