Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, de alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun inmoble propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia situado no concello de Tomiño (Pontevedra).

Ás 11.00 horas do 22 de xullo de 2022 terá lugar, na sala A do 1º andar do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, situado na rúa Concepción Arenal 8 desa cidade, ante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio ou pola persoa en quen delegue, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa do seguinte ben patrimonial cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de maio de 2022.

Predio constituído por un terreo de 1.232 m2, parcela nº 768 do polígono 67 do catastro inmobiliario, situado no lugar da Costa, Mosteiro, no concello de Tomiño (Pontevedra). Sobre esa parcela hai unha edificación de planta baixa de 93,87 m2 de superficie, que consta dunha vivenda de 63,74 m2 de superficie e, acaroada a ela prolongando a fachada posterior, construíuse unha ampliación de 30,13 m2, destinada ao uso de almacén. Linda: ao norte, coa estrada; ao sur, coas parcelas nº 772 e 773 do polígono 67; ao leste, coas parcelas nº 770 e 771 do polígono 67; e ao oeste, coa parcela nº 767 do polígono 67. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio rexistral nº 15867 do concello de Tomiño no folio 107, tomo 1.356, libro 290, a nome da Comunidade Autónoma de Galicia. Referencia catastral 36054A067007680000EJ.

Tipo de licitación, primeira poxa: 56.414,21 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 47.952,08 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 39.489,95 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na páxina web da Consellería de Facenda:

(https://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas)

Teléfonos de información: 981 54 41 51/981 95 78 11/981 54 44 27.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública