Convocada por Resolución do 20 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 20 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 30 de maio de 2022
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a de servizo de Atención Primaria da Guarda.
Nome e apelidos: Mónica Martínez Suárez.
DNI: ***1418**.