Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2015/559-1, no concello de Ferrol.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de modificación 1 e modificación 2 e recuamento da LMT, CT e RBT A Malata, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/559-1), que corresponde ao predio e á titularidad que se sinala no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 23 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/559-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación 1 e modificación 2 e recuamento da LMT, CT e RBT A Malata.

Concello: Ferrol.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Descoñecida

549/2022

103,12 €