Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado mediante a Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do 23 de abril, pola que se declaran as persoas aspirantes exentas da realización do terceiro exercicio e se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

O tribunal declara exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1 da resolución da convocatoria.

Consonte o previsto na base II.2.4 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do cuarto exercicio os días 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo de 2022, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

11 de xullo de 2022

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

***2916**

Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

12 de xullo de 2022

Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

13 de xullo de 2022

Díaz Cuenca, Isabel María

***9195**

Díaz Seco, Laura

**8779**

14 de xullo de 2022

González Bran, Fátima

***5458**

López Fernández, David

***1797**

15 de xullo de 2022

Mato Martínez, Andrea

***8339**

Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

As persoas aspirantes deberanse presentar a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal