Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, de alleamento, polo procedemento de poxa pública, duns bens inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela, A Baña e Touro.

Ás 11.00 horas do 21 de xullo de 2022 terá lugar, no salón de actos nº 2 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio ou pola persoa en quen delegue, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda, terceira e cuarta poxa dos lotes de bens patrimoniais que a seguir se describen, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29.11.2021, do 4.5.2022, do 9.5.2022 e do 13.5.2022.

Primeira, segunda e terceira poxa:

1. Parcela de aproximadamente 230 m2, sita no lugar dos Torreis de Abaixo, polígono 513, parcela 2013, Agra de Abaixo, no concello de Touro (A Coruña). Linda o conxunto: ao norte, con predio a nome dos herdeiros de Seixo Barral; ao sur, estrada de Ponte Ulla a Touro; ao leste, herdeiros de Seixo Barral; ao oeste, herdeiros de Seixo Barral. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio nº 23102 de Touro, no folio 110 do libro 123, tomo 856. Referencia catastral: 15086B513020130000QB.

Tipo de licitación, primeira poxa: 2.892,74 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 2.458,83 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 2.024,92 €.

2. Terreo cunha superficie de 358 m2, en orixe caseta de legoeiros, situada xunto á estrada autonómica actualmente identificada como AC-240 de Ponte Ulla a Touro, ao seu paso polo lugar de Quintas, parroquia de Prevediños, no concello de Touro (A Coruña). Lindeiros: ao norte, Carlos Blanco Blanco; ao sur e oeste, Filomena Vilas García; e ao leste, estrada autonómica AC-240. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 873, libro 128, folio 160, predio nº 24103. Referencia catastral: 15086C504020020000KL.

Tipo de licitación, primeira poxa: 7.167,80 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 6.092,63 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 5.017,46 €.

3. Labradío de 13 áreas e 93 centiáreas, no sitio de Agro dos Cruceiros, no concello da Baña, nº 380 do Plan xeral de concentración parcelaria de San Miguel de Cabanas.

Linda: ao norte, con Carmen Turnes Román e Francisco Pena Suárez e outros; ao sur, con Manuela Santos Calvo; ao leste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; ao oeste, con Severino Pérez. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17437, no tomo 867, libro 157, folio 105. Referencia catastral: 4588908NH2548N0001RO.

Tipo de licitación, primeira poxa: 18.805,50 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 15.984,68 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 13.163,85 €.

Cuarta poxa:

1. Parcela nº 187 Lagos, sita en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 13.934 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: ao norte, zona excluída e camiño público; ao sur, María Josefa Iglesias Pérez; ao leste, zona excluída, e ao oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22930, no tomo 1.202, libro 244, folio 184. Referencia catastral: 15079C503001870000WK.

Tipo de licitación: 5.016,24 €.

2. Parcela nº 254 Chan dos Montes, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 19.610 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: ao norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; ao sur, Luis García Miramontes e outros; ao leste, zona excluída, e ao oeste, con Josefa Bastón García e outro. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22936, no tomo 1.202, libro 244 e folio 187. Referencia catastral: 15079D503002540000LD.

Tipo de licitación: 7.060,00 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Correrán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na páxina web da Consellería de Facenda (https://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas).

Teléfonos de información: 981 54 41 51-981 95 78 11-981 54 44 27.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública