Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días, contados desde o día seguinte ao data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 9 de maio 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. de expte.

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

3600004-I/04

36143335P

Suspensión 23.2.2022

3600259-I/13

X3959660A

Suspensión 21.4.2022

3600225-I/21

76871069D

Suspensión 22.3.2022

3600479-I/21

35437826R

Aceptación da desistencia 1.3.2022

3600504-I/21

35561895P

Denegación 1.4.2022

3600571-I/21

35443696Y

Denegación 1.4.2022

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. de expte.

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

3600583-X/20

01849560S

Declaración de caducidade e arquivamento 2.2.2022

3600216-X/21

33213038A

Desestimación 10.3.2022

3600012-X/22

35812690B

Desestimación 21.3.2022