Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente 2022/1481-1 e tres máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 6 de maio de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/1481-1

76366047K

Requirimento da emenda da solicitude

7.3.2022

2022/1130-1

32302882A

Requirimento da emenda da solicitude

18.2.2022

2022/1226-1

32749026Q

Requirimento da emenda da solicitude

22.2.2022

2022/1249-1

32798468P

Requirimento da emenda da solicitude

24.2.2022