Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33063

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 27 de maio de 2022 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 4 de abril de 2022 e resolto pola Resolución do 4 de maio de 2022, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO

– Ángel Castelló Vicedo, notario das Pontes de García Rodríguez, para a notaría de Lugo.

– Ana María Losada Fernández, notaria de Becerreá, para a notaría de Castro de Rei.

– Lucía Cagigas Courel, notaria de Meira, para la notaría de Nigrán.

– María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avello, notaria de Cangas, para a notaría de Ponteceso.

– Cristina López Rodríguez, notaria de Guitiriz, para a notaría de Rianxo.