Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 32994

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para o ano 2022 do Convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos.

Visto o texto das táboas salariais para o ano 2022 do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos, que se subscribiu o 25 de xaneiro de 2022 entre a representación da Fundación Valdegodos e os representantes dos traballadores e traballadoras, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta de revisión de táboas salariais para o ano 2022 do convenio colectivo
laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos

I

Reunidos en Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, ás dezaseis horas do día vinte e cinco de xaneiro de dous mil vinte e dous, na sede social da empresa Fundación Valdegodos, sita na rúa Manuel Pérez Barreiro, 52, de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), reúnense os membros da comisión negociadora do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa (código do convenio 82000782012004), subscrito o 27 de decembro de 2010, entre a representación empresarial e a central sindical UGT (publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 31 de marzo de 2011).

Dá comezo a sesión con presenza das persoas que a seguir se relacionan:

Por parte dos representantes dos traballadores:

Da residencia Virgen Milagros:

– Alejandro Barranco Fernández.

– Lourdes Álvarez González.

– M. Carmen Ferrero González.

– Otelinda Teresa Fortes Gomes.

– Sonia García Fernández.

– Patricia Rodríguez Franco.

– Francisca Trincado López.

Da residencia de Ramirás:

– Gloria Díaz Castiñeiras.

– M. del Carmen García Yáñez.

Da residencia Os Pinos:

– Luis Blanco Gómez.

– Rosa María Barros Enríquez.

– Mónica Fernández Fidalgo.

– Tania Lorenzo López.

Da residencia La Natividad de María:

– M. Nieves García Núñez.

– Marisol Martínez Rodríguez.

Da residencia de Quiroga:

– M. Carmen Rodríguez Rodríguez.

– Begoña Losada Rodríguez.

– Carmen García Álvarez.

– Purificación López Rodríguez.

– M. Remedios Muñoz Rodríguez.

Da residencia de Viana do Bolo:

– Silvia Alves Machado.

– Ana Isabel Alonso Díaz.

– Juan Vicente Fernández Cordero.

– Felisa Vega Carracedo.

– Manuela Rodríguez Ramos.

Por parte da representación da Dirección da empresa:

– Miguel Blanco Álvarez.

– Félix Pérez Moral.

II

Manifestan que a representación da empresa Fundación Valdegodos se reuniu, o día 25 de xaneiro de 2022, cos representantes dos traballadores de todos os centros, co compromiso das partes de revisar as táboas salariais para o ano 2022 no seguinte aspecto:

Executar un incremento sobre a táboa salarial vixente, que se materializa na nova táboa salarial para o ano 2022 que se xunta a esta acta como anexo I.

Os representantes dos traballadores aceptan, por unanimidade, a táboa salarial para o ano 2022 do convenio colectivo proposta e no día de hoxe ambas as partes alcanzaron os seguintes acordos:

III

Acordos:

Primeiro. Recoñécense mutua e reciprocamente a capacidade e representación mencionadas, suficientes para a subscrición desta acta de revisión salarial.

Segundo. As partes conveñen en incrementar as retribucións para o ano 2022 do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos, materializadas na nova táboa salarial adxunta a esta acta como anexo I (esta táboa produce plenos efectos desde a data da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia).

Este incremento salarial encádrase dentro do marco da mellora da competitividade e á vontade de ambas as partes de mellorar a empregabilidade dos traballadores e o mantemento de emprego.

Terceiro. As partes autorizan expresamente o comparecente Miguel Blanco Álvarez para que rexistre este acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lido o acordo e conforme co seu contido, expídese a presente acta, que asinan todos os intervenientes en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) no lugar e na data indicados ao principio.

ANEXO I

Táboa salarial 2022 do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos

Cat. profesional

S. base

Antig.

Fest./dom.

P. noites

H. extra

Fest. espec.

Administrador

1.856,82

18,74

24,94

59,89

Xerente

1.856,82

18,74

24,94

59,89

Director

1.856,82

18,74

24,94

59,89

Médico

1.559,95

18,74

21,24

51,03

Titulado superior

1.559,95

18,74

21,24

51,03

Supervisor

1.556,23

18,74

18,59

44,65

ATS/DUE

1.395,23

18,74

13,95

24,39

18,59

44,65

Psicólogo

1.395,23

18,74

18,59

44,65

Traballador social

1.395,23

18,74

18,59

44,65

Fisioterapeuta

1.395,23

18,74

17,26

41,46

Terapeuta ocupacional

1.395,23

18,74

17,26

41,46

Titulado medio

1.395,23

18,74

16,89

40,57

Gobernante

1.034,61

18,74

14,27

34,29

TASOC

1.031,51

18,74

13,98

33,58

Oficial mantemento

1.031,51

18,74

13,98

33,58

Oficial administrativo

1.031,51

18,74

13,98

33,58

Xerocultor/aux. clínic.

1.080,00

18,74

10,80

18,90

13,75

33,04

Porteiro-recepcionista

1.080,00

18,74

10,80

13,52

32,46

Cociñeiro

1.021,77

18,74

10,21

13,75

33,04

Auxiliar mantemento

1.013,66

18,74

13,52

32,46

Auxiliar administrativo

1.013,66

18,74

13,52

32,46

Limpador/pasador de ferro

1.000,00

18,74

10,00

12,47

29,95

Axudante cociña

1.000,00

18,74

10,00

12,47

29,95

Axudante oficios varios

1.000,00

18,74

12,47

29,95

Persoal non cualificado

1.000,00

18,74

12,47

29,95