Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33066

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 30635, cómpre corrixir na base II.2.2.1, onde di:

«Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados en calquera Administración pública, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala técnica de finanzas (…)».

Debe dicir:

«Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados en calquera Administración pública, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas (…)».