Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2022/142-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma LMTA TUI807 Cerquido.

Situación: Tui.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV, dobre circuíto (DC), con condutor LA-110, de 866 metros de lonxitude cada circuíto, con orixe no apoio proxectado C-3000/22 na LMTA DC, tramo TUI8070077 e TUI8070081, e final no apoio proxectado C-3000/16 na LMTA DC, tramo TUI8070077 e TUI8070081.

A instalación está situada nos lugares de Foxos e Paredes, parroquia de Rebordáns, no municipio de Tui.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 11 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

1

Muíño Vello

Rústico
Agrario

CMMC Rebordáns

A2P7X9JD

2,25

2

Tomada Nova

Rústico
Agrario

CMMC Rebordáns

A2PGWK8L

2,25

3

Xeital

Rústico
Agrario

Ángel Fernández Pérez

A2QQC9HK

1,96

4

Campo Grande

Rústico
Agrario

Javier Fernández Urgal

A2R8S0PM

1,96

5

Cocho

Rústico
Agrario

Antonio Montes Estévez

A2RQ171M

1,91

6

Cocho

Rústico
Agrario

Descoñecido

A2RQ171M

0,49

7

Veiga Pequena

Rústico
Agrario

David Torres Fernández

A2S5H624

1,69