No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 96, do 28 de abril de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Dúas prazas de persoal de atención (técnico de atención á infancia) para o Punto de Atención á Infancia (PAI), pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de administración especial, subescala de servizos especiais-xestión do Punto de Atención á Infancia (PAI), mediante o sistema de concurso oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
O Corgo, 24 de maio de 2022
Felipe Labrada Reija
Alcalde